Lanzamos un CONCURSO DE VIDEOPOESÍA
Para celebrar a inminente chegada da primavera, xunto co Día da Poesía propoñémosvos un concurso de VIDEOPOESÍA coas seguintes bases.
BASES:
- O vídeopoema deberá
indicar o título do poema e o nome do autor ou autora no que se
inspirou.
- O tema dos poemas
utilizados ten que ter algunha coa NATUREZA EN SENTIDO
AMPLO.
- Pode presentarse en
galego, castelán, inglés ou francés.
- A súa extensión será
como máximo de 3 minutos.
- O tratamento estético
e visual será libre.
- O formato será
preferentemente en MP4 ou compatible con este.
- O vídeopoema ha de
enviarse ao correo electrónico
lerunmardecontos@blogspot.com
indicando no asunto CONCURSO VIDEOPOESÍA. E no corpo da mensaxe debe
ir o nome e curso.
- Pode ser individual
ou por parellas.
- Data de entrega
límite: 19 de marzo (sen aprazamento posible).
- O
xoves 21 de marzo no recreo proxectaremos na Biblioteca os tres
vídeopoemas finalistas e o público (60%) xunto cun xurado de
profesorado (40%) decidirá o primeiro premio.
-
O primeiro premio
consistirá
nun vale por 30 €. E o segundo e terceiro terán vales de 15 €.
Comentarios
Publicar un comentario