Últimas reunións dos Clubs de Lectura en novembro

 Os últimos días de novembro tivemos as seguintes reunións dos Clubs de Lectura:

O xoves 19 celebramos a primeira reunión do Reading Club de 1º de ESO. Os alumnos/as leron poemas de Shel Silverstein e comentámolos coa imprescindible axuda da nosa auxiliar de lingua inglesa, Rachel Haring.

Respectamos coma sempre as restricións en canto ao aforo e seguimos debidamente as novas normas motivadas polo covid-19: uso de mascarillas e xel hidroalcólico, desinfección dos postos de cada quen e distanciamento, utilizando só os sitios habilitados na biblioteca .








O luns 23 tocaba reunión do Club de Lectura en lingua castelá para o alumnado de 1º de ESO.
Con motivo do falecemento , o pasado 30 de setembro, de Quino, o autor das tiras cómicas de Mafalda, adicamos a sesión a dar a coñecer o seu traballo aos nosos alumnos/as. De feito, a maioría non coñecían os principais personaxes nin leran nunca un cómic de Mafalda.
Puidemos amosarlles algúns exemplares de libros de Mafalda que temos na biblioteca e que poden levar de préstamo.








O luns 30, rematando o mes, tivemos a reunión do Club de Lectura en castelán de 3º de ESO.
O obxecto da reunión foi o mesmo, Mafalda. Curiosamente, tampouco o alumnado de 3º coñecía os  temas nin os personaxes que aparecen nos cómics de Mafalda, polo que foi todo un descubrimento para eles e elas.










Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego