Carta a... Urbano Lugrís


Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Dpto. de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA xunto coa BIBLIOTECA convocan o seu I Concurso de Cartas a... Urbano Lugrís co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste personaxe.

PARTIPANTES
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA
O pintor Urbano Lugrís.
Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao artista, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo... *

Ha de estar redactada en lingua galega.

MODO DE ENTREGA
Os participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca. Para iso, completarán nun sobre pequeno os seus datos personais que achegarán coa carta nun sobre máis grande co correspondente pseudónimo.
Para quen o desexe, na biblioteca ofreceranse sobres e papel para a realización da obra.

FORMATO
A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola.

PRAZO
O prazo para participa finalizará o venres, 15 DE MAIO no recreo.
FALLO DO CONCURSO
O fallo do xurado anunciarase o venres, 22 DE MAIO, na Biblioteca do centro durante o recreo. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.

PREMIOS

Estableceranse 6 premios, tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º Ciclo ESO, Bacharelato e Ciclos).

Os autores das cartas ganadoras recibirán, ao final de curso, ademais duo premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.

* A Biblioteca dispón de materiais bibliográficos sobre Urbano Lugrís para consulta.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego