Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro . En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria . Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club. O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria . Por suposto, procuraremos escoitar Born to run , de Bruce Springsteen , que ten moito que ver con este libro. Tamén escoitaremos opinións sobre a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas... Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro: E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...
A celebración do día das escritoras é unha iniciativa da Biblioteca Nacional da España , que se realiza desde hai dez anos o luns máis próximo ao 15 de outubro porque un día como ese faleceu a escritora Teresa de Jesús . No noso centro conmemorámolo no recreo, lendo algúns fragmentos de escritoras, e cun vídeo con imaxes de escritoras na pantalla da entrada do centro.
Con ocasión do 25N, día da Eliminación da violencia contra as mulleres, desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua galega, convócanse dous concursos: Concurso de Cartas a unha vítima e de Rap contra a violencia cara ás mulleres Anímate a participar! Ata o 5 de decembro
Comentarios
Publicar un comentario