Queremos coñecer a túa opinión sobre a biblioteca
Vaise achegando o fin de curso e de novo queremos coñecer a túa opinión sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos.
Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión. Gustaríanos recabar a opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo e en primeiro lugar, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.
Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado.
Pinchando na mascota da biblioteca podes opinar! Ou tamén aquí.
Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!
Comentarios
Publicar un comentario