|
Na libraría Moito conto |
|
Chegada á Coruña de "Temos moito conto" |
O xoves 25 gozamos dunha simpática visita.
Gústanos xogar coas coincidencias deste encontro: viñeron desde un IES Politécnico e nós somos un ex-Politécnico, visitáronnos do Club de lectura "Temos moito conto" e nós somos "Un mar de contos", nós somos da cidade en que naceu Urbano Lugrís e eles da que finou...
E, como estamos a xogar, aínda quixemos forzar un pouco máis os puntos de unión. Ademais de realizar con eles unha visita guiada pola exposición permanente do noso centro "Océano Lugrís", fomos ata a libraría Moito Conto, onde unha das súas donas, Esther, charlou con nós sobre librarías, o mundo editorial, a lectura por pracer... e do que foi xurdindo.
|
Daniel Rosua |
|
Gonzalo e Lucía |
No instituto fixemos un descanso durante o recreo, na biblioteca, por suposto.
|
Descanso no insti |
|
Na libraría, con Esther |
Un día para lembrar.
Grazas pola visita ao club "Temos moito conto", e especial agradecemento a Daniel Rosua, Morelys de los Santos, Gonzalo Conde, Lucía Seoane, Alba Vázquez, Iván Sandino, Noelia Souto, Pablo Torres, Laura Rivas, Miguel Pérez e profesorado, pola xenerosidade coa que prepararon a visita e polo ben que exerceron de anfitrións.
|
Morelys, Daniel, Miguel |
|
Alba, Lucía |
|
Daniel explicando o Quijote |
|
Noelia, Morelys, Pablo |
¡Magnífica jornada con el Club de Lectura del Politécnico de Vigo! Al año que viene nos volveremos a ver, pero esta vez en Vigo.
ResponderEliminar