Concurso de Carta a... Carlos Casares ou a Maruxa Mallo
Para celebrar o próximo Día
das Letras Galegas e o pasado
Día das Artes Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e
o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu III Concurso de CARTAS A... CARLOS CASARES ou MARUXA MALLO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor e
esta pintora.
Todo
o alumnado matriculado no Centro.
TEMA E IDIOMA
O escritor Carlos Casares ou a pintora Maruxa Mallo.
Valorarase o respecto ao
estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos
relativos ao literato ou a pintora, a capacidade creativa e ficcional, o ton
afectivo...*
Ha de estar redactada en lingua galega.
MODO DE ENTREGA
As persoas participantes
deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico:
lerunmardecontos@gmail.com
FORMATO
A extensión máxima é de
200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola.
PRAZO
O prazo para participar finalizará o venres, 26 DE MAIO no recreo.
FALLO DO CONCURSO
O fallo do xurado
anunciarase en torno ao venres, 9 de xuño, na Biblioteca do centro. Farase público a través do Club de Lectura e o facebook da Biblioteca.
PREMIOS
Estableceranse 6
premios, (tendo en conta o nivel do alumnado (1º ciclo ESO e FPB, 2º
Ciclo ESO, Bacharelato e Ciclos).
Os autores das cartas ganadoras recibirán, ao final de curso,
ademais do premio, un diploma. Todas as cartas seleccionadas serán publicadas
no blog do Club de lectura do centro e expostas na biblioteca.
• *A
Biblioteca e o profesorado de galego dispoñen de materiais bibliográficos sobre
Carlos Casares e Maruxa Mallo para consulta.
Xa se
nos fai longa a espera polas vosas misivas!!!
Comentarios
Publicar un comentario