Pedro Feijoo


O próximo xoves 15 de maio imos ao IES de Elviña para escoitar, xunto con xente doutros clubs de lectura, a Pedro Feijoo.
Feijoo é un escritor galego, nacido en Vigo en 1975. Ademais de escritor, é músico e compositor e filólogo de formación.
As súas obras máis coñecidas son bastante recentes: 
- Os fillos da auga (2011), unha obra de intriga e aventuras situada en Vigo,
- A memoria da choiva (2013), ubicada esta vez en Santiago e definida por algúns como un thriller con Rosalía  de fonto. 

Gózase léndoo... A ver que nos conta!



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego