Con Marco Polo, en tarde de martes

Estreamos un novo uso da nosa biblioteca: xantar con bocatas mentres visionamos unha peli. Era un filme antigo -de 1938- en branco e negro sobre As aventuras de Marco Polo. Comentamos os decorados da época, os actores (Gary Cooper, de actor principal), etc.
Aprendimos cousas como que os espaguetis e os fogos artificiais foron traídos da China por Marco Polo, e, sobre todo, pasamos un anaco agradable, tanto profes (todo un éxito a este nivel...) como rapaces e rapazas (ben, pero aspiramos a mellorar en cantidade... que non cualidade).
Para quen sigades co libro, pensade que a trama da película sería anterior ao que acontece en O segredo de Marco Polo, ficcionado por Francisco Castro.
Bo Nadal, e bo ano novo a tod@s...  Toca xa desconectar para volver con renovadas forzas e novos proxectos.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego