Excursión de fin de curso

 





Para despedir o curso 2021-22 fixemos unha saída cultural pola cidade da Coruña.

O martes 22 de xuño un grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO xunto co profesor reunímonos cos clubs de lectura do IES Plurilingüe Rafael Dieste na plaza de pontevedra para pasar un día xuntos.

O bulicio da praza inspirou ao noso alumnado e decidiron facer un haiku entre todas e todos para plasmar a vida da cidade mentras agardabamos ao alumnado do Rafael Dieste. 

Unha vez xuntos, fomos da libraría Moito Conto, onde nos falaron do mundo das libarías independentes, do pracer da lectura e dos vinculos que se forman lendo. O alumnado tivo a oportunidade de pasear pola libraría e ollar os diferentes libros, comentando os seus gustos e inquietudes. Ademáis cada alumno comprou algúns libros para o fondo da librería do centro, buscado fomentar a lectura nos seus compañeiros. 









Despois de almorzar fomos á Torre de Hercules, onde recibimos unha vistia guíada. Tivemos a oportunidade de subir á torre e disfrutar as vistas da cidade. 







Vémonos o curso que ven! Que disfrutedes das lecturas do verán! 
















Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad