Encontro interxeracional na nosa cancha

Este pasado xoves, 29 de novembro, o instituto converteuse en pura emoción, mentres recibiamos ás persoas maiores do Centro de Día Novoboandanza (en colaboración con Maru, da Biblioteca Ágora). 

Agardamos coa ilusión a flor de pel na entrada do instituto,
onde, tras darlles a benvida, presentamos varios dos módulos da exposición Océano Lugrís adaptados para tan importante visita. O alumnado de Oratoria de 1º Bach foi o encargado de contarnos quen era Lugrís, como pintaba e o lugar preferente que ten o mar na súa pintura. 
















Xa na Biblioteca alumnado de 3º e 4º ESO interpretou varios temas dirixidos polo seu profesor Pedro. A continuación, os rapaces e rapazas de 1º ESO B, coa profesora Mª José, mesturáronse coas persoas maiores para facer un exercicios de ritmo e coordinación ao son de música de charlestón. 

Acabamos tomando biscoito e chocolate entre risas, apertas e bastantes bágoas.

Unha impresionante experiencia!

Temos un montón de testemuñas gráficas que iremos engadindo aquí. Neste "enlace Gianni" quedan preciosas fotos realizadas por Gianni Moretti, voluntario no proxecto da Biblioteca Ágora co centro de Día. 


E iremos poñendo máis neste "enlace Lugrís"








Moitas grazas pola enriquecedora experiencia! 



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego