O DÍA DAS ESCRITORAS



Desde hai tres anos, o luns seguinte á data do 15 de outubro, celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.


A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España e varias asociación máis para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica.

Cada edición leva un lema ou subtítulo. O deste ano é: Rebeldes e transgresoras. Parécenos moi adecuado, pois ata hai ben pouco só o feito de escribir -e non digamos publicar- era un acto considerado subversivo pola maior parte da sociedade. 

A nós en particular, gustaríanos destacar o coidadísimo libro que acaba de publicar  a profesora Francisca García Jáñez:  Tankas habitados. Un libro cheo de poesía, coñecementos exóticos e, sobre todo, moita arte. 


Se queredes comentar sobre este tema, e moitos máis, podedes unirvos ao noso Club de lectura de Igualdade entre mulleres e homes, que comezará pasado mañá xoves. 


Vémonos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego