Comezamos con moitos libros novos

Este curso comezamos cunha biblioteca chea de libros novos (e algunha película tamén...) que estamos catalogando e cun equipo de profesorado renovado. 


Xa imaxinamos que tedes un montón de novos libros de texto, seguramente moi interesantes. Mais... aquí temos moita variedade temática e de formato que vos poden tentar. Agardamos que haxa algún libro ou película que te seduza moito.

Vén comprobalo!







Xa estamos a facer os carnés para as persoas novas no centro. O alumnado e profesorado de cursos pasados seguides tendo o mesmo número.
Faremos presentacións da Biblioteca aos 1º ESO e todos os cursos cuxo profesorado o solicite. 

O Club de lectura comezará a funcionar en outubro e proporemos ter máis grupos, a fin de que sexan menos numerosos e con maior participación vosa. Escoitamos ideas...


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego