Kazuo Ishiguro, premio nóbel de literatura

Xa temos desde hai uns días un novo Premio Nóbel de Literatura. Desta volta correspondeulle ao británico Kazuo Ishiguro.

Quen é Kazuo Ishiguro?
      Nacido en Nagasaki (Xapón) en 1954,  trasladouse en 1960 a Inglaterra coa súa familia, cando lle ofreceron ao seu pai un posto como oceanógrafo en Surrey.
      Estudou inglés e filosofía na universidade de Kent e logo realizou un máster en escritura creativa na Universidad de East Anglia, onde os seus titores foron Malcolm Bradbury e Angela Carter.
      A súa tese converteuse na súa primeira novela, que foi aclamada pola crítica, "Pálida luz nas colinas".
      Ganou o Premio Booker en 1989 por O que queda do día, que foi convertida en película en 1993, dirixida por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins e Emma Thompson.

      A súa última novela publicada é "O xigante enterrado", que saíu en 2015. O comité Nobel eloxiou este libro por explorar "como a memoria se relaciona co esquecemento, a historia co presente e a fantasía coa realidade".

Na biblioteca teredes á vosa disposción algúns libros de Ishiguro. Animádeos a lelos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego