Comezamos con "POESÍA PARA PENSAR"

Iniciamos este curso o noso club de lectura con catro grupos (a ver se acabamos con máis...) e cun tema máis ou menos común para o primeiro trimestre, "Poesía para pensar". En todo caso, durante todo o curso, dunha ou outra maneira, rondaremos o tema de "Biblioteca, lugar para pensar" que nos propoñen desde as Bibliotecas Escolares de Galicia. 


Poñemos a continuación o calendario das primeiras reunións dos diferentes grupos do club de lectura e xa iremos contando...


Só adiantamos que nos CL1 e CL2 haberá algo de... Gloria Fuertes, Carlos Negro, Xohana Torres, Miguel Hernández e Rupi Kaur  (sen atosigar, jeje).


Para a xente do CL3, de cultura xitana deixamos un artigo sobre a orixe dos xitanos na India.



E para o CL4, de 2º FPB Electricidade, só quedan Ideas de Bombeiro...


















Grupo 4: En horario de clase, lerá Ideas de bombeiro, de Andreu Martín.

Boas lecturas!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad