X Xornada de Clubs de lectura






O pasado sábado 17 de xuño viaxamos con 12 participantes do Club de lectura a Santiago de Compostela para pasar unha magnífica xornada chea de actividades.  

Foi un día moi intenso e aproveitado en moitos os sentidos: lúdico, literario, social, cultural. Cada un dos momentos resultou unha experiencia interesante: espectáculos, actividades, charlas e mesmo o xantar e o traslado en bus con alumnado doutros tres centros: IES Sabón, IES Agra I e IES Pastoriza. 


Poidemos coñecer a xente como Carlos Negro, Miguelanxo Prado, Xosé Tomás, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, María Reimóndez, Ledicia Costas… ou César Mallorquí entre outros. 



Despois do xantar reunímonos -no tempo e espazo que nos propuxeron- con outros dous clubs de lectura: o do IES de Sabón (#bibliosabon)  e o do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, Camariñas (club de lectura Arao). Con ambos mantivemos un enriquecedor intercambio de experiencias. 



Foi unha forma de rematar o club de lectura do curso cun gran sorriso nos beizos.



Tedes fotos, información, acceso ao programa, os autores etc na web das Bibliotecas escolares.







  





Tedes máis fotos no facebook de Biblio Lugrís

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego