Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro
Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo.
Cristian Enjamio, á esquerda, e
Xabier Barreiros
Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio. 
E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto. E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A) 

Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador. 

O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo, día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal, de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas, quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios. 

Moitas grazas polas xornadas vividas, ao alumnado e tamén ao profesorado que colaborou en todo o proceso :)













Agora, a esperar pola festa do xadrez, o 9 de marzo!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego