Concurso de Monólogos do Quixote


A modo de celebración do día do libro e do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes (e Shakespeare), desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Castelá propoñémosvos un concurso de monólogos coas seguintes bases

PARTIPANTES:
Todo o alumnado matriculado no Centro.

TEMA E IDIOMA:
- Pode elixirse algún dos personaxes principais de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes: Don Quixote, Sancho Panza, Rocinante, o rucio, Dulcinea do Toboso, a sobriña, Teresa Panza, o barbeiro... e, a partir do personaxe escollido, realizar un monólogo imaxinario situado no mundo actual.
- Pode redactarse en castelán, en galego, en francés ou en inglés.

MODO DE ENTREGA:
Os participantes deberán entregar a calquera membro do departamento ou da biblioteca do centro un monólogo inédito, cunha extensión de aproximadamente 15 liñas.
Para iso, completarán nun sobre pequeno os seus datos persoais e adxuntarano co monólogo nun sobre máis grande co correspondente seudónimo.

PRAZO:
O prazo para participar comezará o 11 de abril e finalizará o luns 25 de abril no recreo.

PREMIOS:
Estableceranse 3 premios, tendo en conta o nivel dos presentados.
Os rapaces e rapazas autores dos monólogos ganadores recibirán un diploma e un vale canxeable nunha libraría. Todos os monólogos seleccionados serán publicados no blog do Club de lectura do centro (www.lerunmardecontos.blogspot.com)

Anímate a participar!!!

Se queredes, para consultar a linguaxe que utilizan os personaxes e a ambientación da obra, propoñémosvos os seguintes enlaces:

www.quijote.bne.es: É o Quijote interactivo creado pola Biblioteca Nacional de Madrid.
- www.educa.jcyl.es: É o portal de Educación da Junta de Castilla y León.
- www.cvc.cervantes.es: O Quijote (edición de Francisco Rico) en capítulos.
- en www. youtube.com:
           “Biografía de Miguel de Cervantes” (18')
           “Cervantes” (dramatización sobre a vida do autor, 54').

Tamén podes inspirarte nas numerosas imaxes do Quixote, a realizada polo "noso" Lugrís (arriba) ou a de Picasso (a continuación), entre outras moita.:




Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego