Día da muller con matemáticas

Este ano celebramos o día das mulleres adentrándonos en figuras de grandes mulleres matemáticas. 
Na entrada do Instituto temos colocada a exposición "Muller, innovadora na ciencia" e, a través do profesorado, poderedes poñer a proba as vosas facultades investigadoras cun cuestionario no que se vos propoñen pistas para acertar  a que muller matemática se corresponde cada unha.

Entre outras cousas, fixádevos no referente á matemática coruñesa María Josefa  Wonenburger Planells, sobre que falara o luns 9 (a 4º ESO e 1º Bac) a profesora Mercedes Sampayo, e a quen lle acaban de dedicar unha rúa ben perto do noso insitituto.


Anima ao profesorado a que vos poña a proba! (E fíxate no nome das rúas ao volver a casa...)





E xa que estamos celebrando ese día, e saíndonos da ciencia, recoméndovos o blog minoviomecontrola... lo normal


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego