Patrick Modiano, novo premio nóbel de literatura
Acaban de facer público que o premio nóbel de literatura deste ano é o francés Patrick Modiano (Boulogne- Billancourt 1945). Un escritor, que ten publicadas unha treintena de novelas profundas, mais de lectura fácil, de non máis de duascentas páxinas cada unha.
Un París intemporal, onírico, que coincide co do distrito XVI, é o trasfondo de moitos dos seus libros. Unha zona nada relevante, e se cadra por iso escollida por el. Para que non nos distraia da historia a contar.
Unha das súas obras máis coñecidas é Dora Bruder, da que trata nunha interesante entrevista en El País. Tamén son nomeadas: O café da xuventude perdida e unha triloxía sobre a ocupación francesa durante a Segunda guerra mundial.
Ten unha considerable relación co cine, xa que realizou varios guións, fixéronse adaptación das súas novelas para películas, etc.
A verdade é que semella moi apetecible de ler!!

Comentarios
Publicar un comentario