Deberes felices

Está en marcha desde a semana pasada unha iniciativa do Departamento de Lengua española (a profe Margarita de Acevedo) e a Biblioteca para acabar o curso deixándonos un moi bo sabor de boca.
Trátase de poñerlle título a unha boa lembranza do curso, de calquera tipo: un filez encontro nos corredores, unha magnífica clase, unha espectacular exposición dun compañeiro ou unha inquietante pregunta doutra compañeira...
Esa boa lembranza hai que ilustrala nunha tarxeta que leva como portada un debuxo estilo manga de Paula Grangel (1º ESO B) e que tendes a disposición na biblioteca.

O prazo límite de entrega (na biblioteca, por suposto) é o 12 de xuño e está invitada a participar toda a comunidade escolar (aínda que os premios son só para o alumnado).

Espero que non vos pase como a min, que a maior dificultade é a de quedarme cun só de entre tantos bos momentos que viín convosco neste curso!

Anímate a compartir esa lembranza con todos nós!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego