Pasaron os Reis Magos...
Pois si, parece que uns Reis Magos bastante literarios déronse unha volta pola nosa biblioteca, posto que alí deixaron un feixe de libros moi variados.
Pasade a velos pola biblioteca.
Por certo, na próxima semana, o mércores 16, faremos unha reunión do Club de lectura 1 para ir propoñendo libro para a 2ª avaliación. En canto ao Club de lectura 2 xa temos decidido dedicarnos á banda deseñada nos próximos tempos...

Comentarios
Publicar un comentario