A casa do propósito especial

Tamén comezamos a nosa singradura cos maiores do insti, e facémolo cun libro de John Boyne (o autor de O neno do pixama de raias): A casa do propósito especial. Unha obra que nos sitúa en dous escenarios alternativamente: por un lado, en Londres, cunha parella madura, e máis concretamente nos arredores da Biblioteca do British Museum, e doutra parte, en Rusia no tempo do último zar, cun campesiño que por azares da vida chega a vivir moi perto da familia do zar Nicolás II. É un relato cheo de intriga e segredos que se irán desvelando pouco a pouco. Espero que vos guste! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego