Entradas

FESTA DA POESÍA

Imagen
Agroman flores e follas por doquier e por veces mesmo sae o sol.. Temos á primavera chamando á porta e para celebrar ese día a Biblioteca agasállavos con versos diversos.  ( de poetas como Raúl Vacas, Mario Benedetti, Lope de Vega, Luis Cernuda, Joaquín Sabina, Gloria Fuertes, Safo, Nicanor Parra, Fran Alonso Neruda, Berta Dávila,  Gioconda Belli, Manuel María, Urbano Lugrís, Yolanda Castaño, Baudelaire, Léopold Sédar Senghor, Arthur Rimbaud, Prévert, Rilke, W.E. Henley, Walt Whitman, Shakespeare, Jorge Luis Borges, Teresa de Ávila, e algúns outros e outras). O que fixemos o pasado curso grazas ao impulso da profe Margarita Acevedo continuámolo agora co potente influxo de Urbano  Lugrís , quen con outros amigos do Batallón literario (entre eles, Avilés de Taramancos ) e da Peña del Amanecer  tamén regalaban poesías alá polos anos 50 da pasada centuria polas rúas do centro da nosa cidade ( Percalinópolis , como lle gustaba chamala a Lugrís).  Eliseo G...

Miradas ao mundo

Imagen
O pasado xoves 5 de marzo recibimos a visita da ONG Miradas al mundo , e deixáronnos unha profunda pegada. Contámolo coas "voces" de varios rapazas e rapaces de 1º Bac: " Onte veu a ONG Miradas ao mundo a contarnos como funcionaban e o que facían. Eles traballan coa xente de Guinea Bissau , máis concretamente cos rapaces e a súa educación. O que máis me chamou a atención foi que a pesar de ser unha ONG pequena, consiguen axudar a moita xente. É algo moi importante o que fan e que todos deberiamos aprender: axudar aos demais.  Ademais, o senegalés Bebe era unha persoa incrible. El é pobre e, aínda así, axuda a xente máis pobre que el. Cando contou a súa experiencia, cando vivíu aquí e todo o que fixo e fai, emocionámonos. En conclusión, o importante é axudar e o que ten que quedar claro é que se das, recibes." (Lucía Bouza). " Bebe, un joven senegalés, nos narró su historia de como vino a España y porqué estaba ayudando a la asociación. Él fue muy ayu...

Día da muller con matemáticas

Imagen
Este ano celebramos o día das mulleres adentrándonos en figuras de grandes mulleres matemáticas.  Na entrada do Instituto temos colocada a exposición " Muller, innovadora na ciencia " e, a través do profesorado, poderedes poñer a proba as vosas facultades investigadoras cun cuestionario no que se vos propoñen pistas para acertar  a que muller matemática se corresponde cada unha. Entre outras cousas, fixádevos no referente á matemática coruñesa María Josefa  Wonenburger Planells , sobre que falara o luns 9 (a 4º ESO e 1º Bac) a profesora Mercedes Sampayo , e a quen lle acaban de dedicar unha rúa ben perto do noso insitituto. Anima ao profesorado a que vos poña a proba! (E fíxate no nome das rúas ao volver a casa...) E xa que estamos celebrando ese día, e saíndonos da ciencia, recoméndovos o blog minoviomecontrola... lo normal

Mapa emocional de Lugrís

Imagen
Xa levamos un par de sesións co obradoiro sobre " Mapa emocional de Lugrís ". Estas sesións dedicámolas fundamentalmente a mergullarnos na vida de Urbano Lugrís mentres faciamos intensas chuvias de ideas para ir trazando o camiño por onde seguir. Este martes ao mediodía de novo continuaremos coa nosa tarefa guiados por Cristina de la Torre. 

Con Lucía Aldao e María Lado, no Elviña

Imagen
O pasado xoves 26 vivimos unha grata experiencia poética -e humorística- da man das poetas María Lado e Lucía Aldao .  Foi no IES de Elviña , onde xa imos sendo "antigos" coñecidos grazas a que a coordinadora do sue club de lectura, Puri, sempre se lembra de nós. Alí, estas poetas combinaron seriedade e intensidade literaria cun fino humor moi didáctico e ameno. Aprendimos a colocar o pronome átono en galego mentres escoitabamos cantar o coñecido tema de Rocío Jurado "Te amo" (mellor dito, Ámote), compuxemos conxuntamente un poema dadaísta bastante simpático, cantamos un pouquiniño coa axuda dun "karaoke analóxico", agasalláronnos cun poema para pedir perdón, co maduro título de "Cuqui" e soltamos unhas cantas gargalladas analizando sentenzas urbanas en forma de grafitis máis ou menos elaborados, como "Alex estubo (sic) aquí", "Clemente drogadito (sic)", "Aquí te puse los cuernos" e mesmo máis ideolóxicos ...

Premios de EXPRESarte II

Imagen
Recibimos un montón de amorosos caligramas e ben variados. Mirándoos, léndoos con calma, como podedes facer cando queirades, se pasades pola biblioteca, decidimos conceder os seguintes premios:  No nivel 1 (1º - 3º ESO e FPB ): Morelys de los Santos, de 1º ESO C (o mellor conxunto de texto e caligrama) Carlos Vélez Redondo, de 3º ESO B  (co texto máis surrealista) Devora Mishel Carrasco, de FPB Aloxamento e Lavandería (co texto máis amoroso) e Deyselle Sandes Gonzaga, de FPB Arranxos (co caligrama máis orixinal) No nivel 2 (4º ESO e Bacharelato):   David Docampo Segade, de 2º Bac B  (o máis entrañable, o mellor texto, o mellor caligrama) Marta Sandino Veiga, de 4º ESO (o máis estético) Yaiza Paz Ares, de 4º ESO (o máis simpático) Noraboa!!!

"Galicia móvese" poeticamente

Imagen
Na exposición de libros emprestados pola Biblioteca de Os Rosales , tivemos uns poucos que levaban a etiqueta " Galicia móvese " facendo referencia a un dos  blog desta biblioteca que leva ese título e que é moi interesante. Recoméndovos que vexades, por exemplo, o vídeo da poeta Yolanda Castaño , " A segunda lingua ", que tamén é o título do seu novo poemario. Ou tamén o booktrailer sobre o libro Raíz da fenda , da poeta intimista compostelá Berta Dávila . E moitos outros, que deixo que descubra a vosa propia curiosidade.