Entradas

REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA

Imagen
 Para empezar esta semana,  tivemos reunión do Club de Lectura de galego/castelán de 3º de ESO o luns 9 de novembro.  Escoitamos o discurso de Elvira Lindo no Día das Mulleres Escritoras e a interpretación por parte de actores e actrices profesionais  duns textos escritos por mulleres (Emilia Pardo Bazán, por exemplo) . Logo, o alumnado participante pasou a ler uns breves textos en galego. O xoves 12 era o turno do Reading Club de 4º de ESO. Limos dúas historias curtas do libro True Tales os American Life, editado por Paul Auster.

OUTRAS NOVIDADES EN INGLÉS NA BIBLIOTECA

Imagen
 Seguimos con novas adquisicións que podedes levar de préstamo e ler na casa. Ademáis dos libros de Shel Silverstein mencionados na entrada anterior, para lectores dende 1º de ESO en adiante, temos outro libro do que xa limos extractos no Reading Club do curso pasado:  You took the last bus home , de Brian Bilston Aquí tedes unha mostra dos seus poemas: Seguindo coas recomendacións para lectores dende 1º de ESO, temos un clásico que len os rapaces e rapazas de habla inglesa dende hai moitísimos anos: Charlotte's web , de E. B. White.  Este libro, do autor de Stuart Little , é considerado un dos 100 libros máis apreciados polos lectores norteamericanos e é un clásico da literatura infantil.  Unha curiosidade: o libro foi prohibido en 2.006 en Kansas porque nel hai animais que falan e polo que lles pasa ás arañas... Se queres saber o que sucede, podes pedilo prestado na biblioteca e nos comentas a túa opinión. Outra das novidades deste ano é The boy in the striped pyja...

NOVOS LIBROS QUE PODES LEVAR A CASA

Imagen
 Debido ás novas normas de funcionamento da biblioteca, imos presentarvos material novo mercado para os  Clubs de Lectura o curso pasado e que podedes levar de préstamo. Lembrade que tedes que facer as vosas peticións de préstamo por correo electrónico.. Empezamos esta semana con libros en inglés: Algúns de vós xa coñecedes a Shel Silverstein e os seus poemas cheos de humor e dobres sentidos. Temos na biblioteca para que levedes a casa Falling Up e Where the sidewalk ends .

CLUBS DE LECTURA 2020-2021

Imagen
Comezan as primeiras reunións dos Clubs de Lectura deste curso 2020-21 neste mes de novembro. Este ano, debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir todos/as, os Clubs de Lectura vanse celebrar por cursos, intentando non mixturar os grupos sempre que sexa posible. Empezamos co Club de Lectura galego/castelán de 1º de ESO o pasado luns 2. O tema foi "As mulleres escritoras" . Vimos un vídeo da celebración do Día das Mulleres Escritoras na Real Academia da Lingua e limos uns fragmentos e textos curtos. Nesta mesma semana, o xoves 5, celebramos a primeira reunión do Reading Club de 3º de ESO. Fixemos unha introducción á lectura do libro True tales of American Life de Paul Auster, titulado en castelán Creía que mi padre era Dios. A nosa auxiliar de linguas, Rachel Haring,  amosounos un programa de radio norteamericano para comprender a orixe deste libro do que imos ler algunhas historias nas próximas reunións.

CLUB DE LECTURA CL1: SEGUNDA SESIÓN SOBRE MEMORIA DO SILENCIO

Imagen
O venres 28 de febreiro celebramos a segunda reunión con África sobre o libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. África contóunos a historia das irmás Touza, amosounos un mapa coa ruta da fuga dende Galicia a Portugal que conta o libro e fixemos a lectura de varios capítulos do libro. Ademáis, puidemos probar os melindres, un doce que se vendía no quiosco que tiñan as irmás e dende onde axudaban a cruzar a Portugal a persoas fuxidas do nazismo. O grupo do club de lectura aprobóu a proposta de nomear unha das aulas do instituto coma Aula Irmás Touza

Final do torneo de xadrez

Imagen
Alex e Hugo O pasado xoves 20 de febreiro tivo lugar a final do torneo de xadrez no noso centro.  Os catro seminifalistas foron: Alex Santos, Hugo Costoya, Edison Dávila e Xabier Barreiros , todos eles de 4º ESO.  O gañador do torneo foi Alex Santos Fernández , de 4º ESO B. Noraboa!!! Quedou Edison de segundo, Xabier de terceiro e Hugo en cuarta posición. 

ÚLTIMAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA. XANEIRO E FEBREIRO

Imagen
As últimas reunións de xaneiro organizámolas do seguinte xeito: O xoves 23 os alumnos/as de 1º e 2º de ESO (CL1) coñeceron a obra de Eduardo Sacheri e o venres 24, no CL4, rematamos a lectura de The sun and her flowers de Rupi Kaur. A semana seguinte, o xoves 30 no CL2, vimos tamén a charla TED de Eduardo Sacheri e os alumnos/as levaron para ler en casa o seu relato La vida que pensamos , para comentalo na próxima reunión. O venres 31 no CL3 falamos do misterioso autor Brian Bilston e fixemos a lectura dalgúns dos seus poemas do libro You took the last bus home   e doutras publicacións  nos que mixtura o humor, a creatividade visual, os xogos de palabras e os temas que nos dan unha excusa para pensar e falar en inglés.                                                               ...