Entradas

LITERATURA E DEPORTE ...para empezar

Imagen
Comezamos o curso e estamos a darlle voltas ás novas lecturas e actividades para o curso. Botaremos a andar cunha reunión, sen distinción de niveis, o ven r es 16 de outubro no recreo e na biblioteca. Nesa reunión detallaremos máis polo miúdo como imos facer (en principio, volveremos a separar dous grupos como no curso pasado) e escoitaremos o que nos queirades contar sobre as vosas lecturas do verán e as vosas apetencias actuais.  A nosa idea é dedicar o primeiro trimestre aos deportes... E esperamos espertar interese... Haberá tamén outras ideas e propostas... Agardamos por todas e todos vós!

Bo verán... lector?

Imagen
Iniciamos xa o esperado e necesario parón veraniego. Desta volta facémolo deixándovos aquí o trítico coas suxestións lectoras que vos facemos con todo o agarimo desde a Biblioteca e o Club de lectura.  Gozade canto poidades...  Gran parte do gozo, seguro, pode estar nalgún libro... Por certo, se estas suxestións non acertan cos vosos gustos, desde Bibliotecas escolares de Galicia ofrécennos moitas máis...

Festa fin de PROA

Imagen
O alumnado de PROA rematou as clases ao grande, celebrando o moito traballado, o moito aprendido, e a sorte que tiveron con Ana Fernández Sampaíño como profe.  Son rapaces de 1º, 2º e 3º ESO. Hai que seguir currando!!!... despois dun breve descanso estival, por suposto.

Océano Lugrís

Imagen
Onte venres, no festival de fin de curso, presentouse tamén un vídeo realizado por Cristina De la Torre que recolle primorosamente o día da estrea da exposición permanente Océano Lugrís,  ubicada en sete puntos do noso centro e que levamos a cabo este curso no marco de Contrato programa "Mapa emocional de Lugrís". Ese día, o luns 18 de maio, recibimos a visita do IES Urbano Lugrís de Malpica e os nosos rapaces e rapazas actuaron de guías, primeiro no centro, e logo durante un percorrido lugrisián que comezou na Torre de Hércules e continuou no xardín de San Carlos , o Parrote, o café Vecchio da rúa San Andrés, o graffiti da rúa Mantelería, e rematamos todos, os malpicáns e os coruñeses, cantándolle a Lugrís diante do mural de Lugrís da praza José Sellier.  Seguiremos aprendendo e gozando con Urbano Lugrís! Prometido!!!

"Actuemos contra a violencia de xénero" (performance)

Imagen
Hoxe, na festa de fin de curso, o grupo de 4º ESO presenta os vídeos (montados por Iván Romero) da performance "Actuemos contra a violencia de xénero" que realizamos no patio do centro o pasado 22 de maio, máis un simpática making of da mesma. Foi un auténtico pracer todo o proceso que concluíu nesta performance e vídeos: desde a elección conxunta do tema, pasando pola idea da actividade, a súa posta en marcha, elaboración... en fin, todo. Un verdadeiro e creativo traballo en equipo. Grazas, pupils :) Como sabedes, fíxose no marco da clase de Ética, coa enorme colaboración de Plástica, e dentro do marco do proxecto "Creando cidadanía global", da ONG Solidaridade Internacional (María Caride e Ana Lampón estimuláronnos en todo momento).  Aquí quedan:  Tamén podedes ver os vídeos no canle de youtube lerunmardecontos   e xa hai tempo fixemos as entradas correspondentes no facebook BiblioLugris e no twitter do instituto @IESUrbanoLugris. ... E n...

Versioneando ás Meninas

Imagen
Como guinda do CL2, uns cantos deixáronnos as súas magníficas reinterpretacións das Meninas .   Aquí podedes aprecialas:  Na biblioteca tedes varios libros sobre este cadro de Velázquez. Entre eles, unha novela gráfica e unha novela, El misterio Velázquez .   

Revivimos a poesía de María Lado e Laura Aldao

Imagen
Pásannos do IES de Elviña un magnífico vídeo que reproduce a nosa visita ao seu centro para gozar do divertido recital de María Lado e Lucía Aldao : Unha estupenda lembranza. Grazas polo vídeo, colegas do IES de Elviña!!!