Entradas

Retomamos a nosa andaina...

Imagen
Benvidos, benvidas e moitos ánimos para este novo curso. De novo, continuamos a nosa andaina... Temos xa dispostos os carnés para o novo alumnado de  1º ESO e axiña farémoslles unha presentación da biblioteca e entregarémosllelos  Pouco despois realizaremos a nosa primeira reunión do club de lectura para este curso (ide cavilando... todo será escoitado). Na biblioteca engrosamos a parte das películas cunhas cantas novas, bastante relacionadas coa filosofía e a historia, aínda que tamén hai algunhas outras de simple lecer. Adquirimos: 300, Ágora, Alejandro Magno, Troya, Matrix, Diamante de sangre, Te doy mis ojos, El discurso del rey. Tamén dispoñemos de novos exemplares das revistas National Geographic e Historia (doados polo profesor Vicente).  E Para que a espera pola reunión do club non se faga longa aos bos e boas lectores, déixovos aquí un pequeno gran texto  de Julio Cortázar sobre como subir unha escaleira: tamén do máis obvio sae boa literatura...

Comezo da "operación desconexión"

Imagen
Si,  cando menos por un pouco tempo, deixaremos de lado as rutinas cotiás e trataremos de cambiar os camiños do pensamento máis frecuentados... coa intención de volver ao novo curso con renovadas forzas e proxectos. (Quen teña que preparar os exames de setembro terán un tempo máis breve para desconectar, aínda que cunha boa planificación, haberá tempo para todo...). Botando a vista atrás, remata un curso que pasou voando e que superou as miñas expectativas máis positivas, grazas en gran medida á biblioteca e ao club de lectura que funcionaron para min como un lugar -non só físico- de acollida e estímulo para o meu traballo. Así que, ademais de estar moi agradecida tanto aos rapaces, como aos colegas profes e  á directiva pola excelente acollida de todas as propostas e a participación nelas, teño -ou temos- por diante o reto de non decepcionar e continuar construindo un espazo cómodo para ler, aprender, xogar, curiosear... Aproveito para poñer as fotos do noso último e...

Relato dunha excursionista do Club

Imagen
Hoxe escribe Cindy Elsa Espiniella, de 1º ESO A, dando conta das visitas que fixemos o pasado xoves 6 de xuño: " Vamos a una excursión. Primero pasamos por la Real Academia Galega (RAG). En la RAG nos explicaron quienes se sentaban en los sillones... eran gente muy importante. Después, en la casa de Emilia Pardo Bazán, nos enseñaron las cosas que utilizaba, los cuadros, fotografías de ella, sus hijos y su marido. También, los libros que le dedicaban, el vestido y las poesías... Y, por último, en el Arquivo do Reino de Galicia nos explicaron, en primer lugar, lo que hacían; en segundo lugar, nos enseñaron algunos libros que tenían y en tercer lugar donde guardaban los documentos; y cuarto y último, el laboratorio donde  restauraban los documentos antiguos". Quedaranos unha boa lembranza!

De fotonovelas e películas...

Imagen
Temos na bilbioteca unha nova exposición, esta vez de fotonovelas elaboradas por 4º ESO coa profe Xulia.  Aquí queda unha mostra de Adriana (4º A) para abrir apetito, coa lembranza da saída a Pontevedra. Lembrade que o martes 11 quedamos a ver a película sobre a vida de Emilia Pardo Bazán (damos caña ata o final, que non se diga...). 

Ruliña, miña ruliña... as palabras que máis nos gustan...

Imagen
Pois si, parece que no Lugrís  enchémonos de agarimo  cara o fin de curso (ou será que somos así?) e ao mirar para a nosa lingua as palabras que máis nos gustan (medida por número de votos) son   RULIÑA  e máis MORRIÑA .  Nos topónimos gana por goleada RIAZOR, e entre os nomes propios VALERÓN non ten parangón (perdoade o pareado).  Penso que se nos ve demasiado o plumeiro deportivista (malia os tempos que corren). Recollo aquí as explicacións que nos ofreceron quen propuxeron estas ben soantes palabras:  - RULIÑA : "expresión moi cariñosa" (proposta por Antonio Chans, de STI 1º A) - MORRIÑA :  "saudade, botar de menos" (proposta por Junquera López, de 4º ESO B), ou "un sentimento que abarca moitos sentimentos e unha palabra que todos entenden, pero nadie pode explicalo" (Noelia e Cristina Rodríguez, tamén de 4º ESO B) - RIAZOR : "terra de fútbol" (Gonzalo Conde, de 4º ESO B) - VALERÓN : "mago do fútbol" (Gonzalo Conde) Rea...

Tomamos 39 fermosas palabras...

Imagen
Finalizamos a primeira fase de " Tomemos a palabra " seleccionando 39 (non preguntedes  o por que dese número exacto...) belas palabras da nosa lingua de entre as moitas propostas. Agora toca votar para quedarnos cun puñado das máis bonitas.  Temos unha semana por diante para iso... Entre tanto, lembrade que segue en marcha o concurso de  logo ou mascota para a biblioteca, e que o próximo xoves 6 ímonos de excursión.

Protestas contra a LOMCE

Imagen
Non queremos deixar a ocasión de constatar aquí o acto de protesta contra a LOMCE que a nosa comunidade escolar levou a cabo o  pasado  xoves , o 23. A cuarta hora, logo do recreo, saímos ás pistas do instituto case todos os grupos da ESO e Bacharelato, e algúns de Ciclos, para ter clases ao aire libre de forma conxunta. En pouco tempo realizamos un gran cartel no que se lía: ENSINO PÚBLICO,GALEGO, LAICO E DE CALIDADE,  e arredor del tivemos unhas instrutivas clases, nas que algúns profundizaron na correspondente materia e outros debatiron en torno ao proxecto de lei da educación que se nos aveciña.  Deste modo, puxemos o noso gran de area para amosar o desacordo cunha lei que cremos que non conducirá a nada bo... Ficou recollido nalgúns xornais, en La opinión , en S ermos Galiza ...