Entradas

Podcast con recomendacións lectoras

Imagen
 Boas, Deixámosvos aquí os nosos primeiros pódcast realizados en 3º ESO, coa axuda do profesor Matías Diéguez de Tecnoloxía, na materia de Oratoria, e no marco do proxecto Leolab.  - Mateo Paz, Nico Pareja e Gabriel Bascoy fálannos de Los futbolísimos :  Pódcast Los futbolísimos   

Concursos polo 25N

Imagen
Con ocasión do 25N, día da Eliminación da violencia contra as mulleres, desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua galega, convócanse dous concursos:  Concurso de Cartas a unha vítima e de Rap contra a violencia cara ás mulleres Anímate a participar!   Ata o 5 de decembro

Clube de lectura. Parte I

Imagen
Comezamos o Clube de lectura deste curso 2025-2026!  A lectura proposta para esta primeira avaliación é a dunha autora galega chamada María Menéndez Ponte. A obra está escrita en castelá e leva o nome de  Nunca seré tu héroe.    O martes 2 de decembro terá lugar o coloquio-reunión no que falaremos da obra e trataremos diversos temas transversais que aparecen na mesma.   Xa somos cerca de 15 membros. Anímovos a participar. É interesante e beneficioso para todos ler e compartir ditas experiencias co resto.    Non vos imaxinades as diferentes versións e conclusións que se extraen lendo un mesmo libro.   Grazas a todos/as pola vosa atención.   Un saúdo.   Organiza: Club de lectura e Coordinación da Biblioteca do IES Urbano Lugrís (A Coruña).

Día das escritoras: poñémoslles voz

Imagen
A  celebración do día das escritoras é unha iniciativa da Biblioteca Nacional da España , que se realiza desde hai dez anos o luns máis próximo ao 15 de outubro porque un día como ese faleceu a escritora Teresa de Jesús .  No noso centro conmemorámolo no recreo, lendo algúns fragmentos de escritoras, e cun vídeo con imaxes de escritoras na pantalla da entrada do centro. 

Inicio do curso 25-26

Imagen
  Empezamos coas actividades de lectura neste novo curso 25-26.  Coma sempre con moitas ideas e propostas... logo iremos facendo segundo podamos.  En breve, comezarán a realizarse sesións do club de lectura que neste curso coordina a profesora Noelia Cives. Tamén solicitamos un proxecto de innovación, o LeoLab, e Biblioteca creativa. Veremos o que nos conceden... Están xa todos os carnés de alumnado e profesorado realizados, polo que  vos invitamos a visitar a biblioteca para tomar prestado libros das novidades ou dos do fondo. O equipo da biblioteca, coordinado pola profesora Isabel Dobaño, está aberto a suxestións para ampliar e actualizar o noso catálogo.  Este luns 13 de outubro comezamos celebrando o Día das escritoras no recreo. Poñeremos voz (e imaxes) a moitas escritoras, a miúdo pouco recoñecidas. 

Xornada fin de curso 22-23

Imagen
O mércores 21 de xuño rematamos o curso 2022-2023 cunha xornada de actividades no exterior para o alumnado de ESO. Contamos coa participación de monitores da Escola Galega de Tempo Libre, que trouxeron o material para realizar estas actividades.

Excursión de fin de curso

Imagen
  Para despedir o curso 2021-22 fixemos unha saída cultural pola cidade da Coruña. O martes 22 de xuño un grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO xunto co profesor reunímonos cos clubs de lectura do IES Plurilingüe Rafael Dieste na plaza de pontevedra para pasar un día xuntos. O bulicio da praza inspirou ao noso alumnado e decidiron facer un haiku entre todas e todos para plasmar a vida da cidade mentras agardabamos ao alumnado do Rafael Dieste.  Unha vez xuntos, fomos da libraría Moito Conto, onde nos falaron do mundo das libarías independentes, do pracer da lectura e dos vinculos que se forman lendo. O alumnado tivo a oportunidade de pasear pola libraría e ollar os diferentes libros, comentando os seus gustos e inquietudes. Ademáis cada alumno comprou algúns libros para o fondo da librería do centro, buscado fomentar a lectura nos seus compañeiros.  Despois de almorzar fomos á Torre de Hercules, onde recibimos unha vistia guíada. Tivemos a oportunidade de s...

Concurso de Haikus

Imagen
O concurso de haikus foi todo un éxito.  O alumnado involucrouse moito e conseguiu facer uns haikus de moi alto nivel. Os gañadores foron: Nivel de 1º e 2º da ESO 1º  Valentina Gómez Carballeira (2º ESO A) 2º Miao Chen (2º ESO B) 3º Lucia Gutiérrez Carollo (1º ESO B) Nivel de 3º e 4º da ESO 1º Aura Gutiérrez Carollo (4º ESO A) 2º Lara Pinciroli (4º ESO A) 3º Sara Rodríguez Pan (3º ESO A)  Aquí vos deixamos fotos dos haikus:  Estas son as fotos das gañadoras dos concurso: 3º Premio: Lucía Gutierrez Carollo (1º ESO B)  1º Premio : Valentina Gómez Carballeira (2º ESO A)  3º Premio: Sara Rodríguez Pan (3º ESO A) 2º Premio: Lara Pinciroli (4º ESO A) 1º Premio: Aura Gutiérrez Carollo (4º ESO A) 

Obradoiro de Haikus

Imagen
  As dúas primeiras semanas do mes de maio o club de lectura somerxese na cultura nipoa da man da profesora Francisca García Jáñez que explica aos dous grupos (3º e 4º ESO e 1º e 2º ESO) a arte dos haikus. Francisca explica a importancia da natureza na cultura xaponesa e como isto vese reflectido nos seus poemas en forma de haiku. Ademais, anima ao grupo a saír a natureza, buscar un momento satori (momento de paz e tranquilidade, de iluminación) e escribir dous haikus. Xa que a semana que ven, terá lugar un concurso no que premiaremos as mellores creacións.  Serán capaces os nosos alumnos e as nosas alumnas de provocar no xurado o aware (emoción profunda provocada pola beleza da natureza)?  Aquí deixamos algunhas fotos do obradoiro 

Club de lectura en inglés

Imagen
Durante os meses de febreiro e marzo a nosa auxiliar de conversa Aimee Lawter levou a cabo dúas sesións de club de lectura con cada grupo.  Os dous grupos traballaron con poemas curtos de Shel Silverstein, poeta, compositor, músico, debuxante e escritor de literatura infanto-xuvenil.  Coas explicacións da auxiliar o alumnado aprendeu nocións básicas de poesía e falaron de como a esta pode ser divertida e ter humor e trataron temas tan diversos como aceptarse a un mesmo, a amizade, o amor e a sinceridade.   Aquí deixamos algunhas fotos dos poemas e do grupo lendo e gozando! 

Reunións club de lectura Decembro - Xaneiro

Imagen
Aproveitando o día mundial contra a violencia de xénero, arrancamos o club de lectura cunha lectura en galego da obra Invisibles: relatos do maltrato de Montse Fajardo. Oito historias reais coas que se pretende por o foco de atención na onda expansiva que provoca o maltrato.  Durante as dúas sesións de Decembro, o alumnado fala dos fragmentos que mais lles gustaron e xuntos reflectimos sobre a importancia de abandonar comportamentos e actitudes machistas e de visibilizar as situacións de maltrato.  No mes de Xaneiro as rapaces e rapazas do club de lectura escollen fragmentos que lles gustaran para facer cartolinas e así decorar o centro e concienciar ao resto de alumnado da importancia de visibilizar estas situacións.   Aquí os deixamos unhas fotos do grupo 1º e 2º traballando nas súas cartolinas

Excursión de fin de curso dos Clubs de Lectura

Imagen
 Para despedir o curso 20-21, os Clubs de lectura fixemos unha saída a Santiago de Compostela. O luns 21 de xuño desprazámonos un grupo de alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º de ESO xunto con tres profesoras a Santiago. Alí fixemos unha visita literaria e histórica guiada, con lectura de poemas e fragmentos de obras de autores relacionados coa cidade e a súa cultura. Deixámosvos unha pequena mostra do que vimos na cidade e do que nos falou a nosa guía : O Obradoiro, a Catedral,  o Hostal dos Reis Católicos, a Praza da Quintana, Xelmírez, o mercado de abastos, o mosteiro e a igrexa de San Martiño Pinario, Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia e a de Filosofía, a Casa das Crechas, a praza de Cervantes e o Preguntoiro. Rematamos a visita guiada na Alameda arredor da unha e media e , tralo xantar, entramos na Catedral pola Porta Santa ao ser Ano Xacobeo. Logo da visita á Catedral, voltamos a Coruña. E así despedimos este curso 2.020-2.021. Voltaremos en setembro coas mesmas ga...