Paxariñas pola paz
 
Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia , o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas  e outras figuras en papel  no recreo e nas clases.   Practicar origami  (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica…  Invítanos á serenidade e á paz…  Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz  Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña   Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado…     Queremos relacionar esta actividade coa  LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL  e a   HISTORIA  DE SADAKO SASAKI   Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel.     A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.  Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. De...
 
