Clube de lectura. Parte I
Comezamos o Clube de lectura deste curso 2025-2026! A lectura proposta para esta primeira avaliación é a dunha autora galega chamada María Menéndez Ponte. A obra está escrita en castelá e leva o nome de Nunca seré tu héroe. O martes 2 de decembro terá lugar o coloquio-reunión no que falaremos da obra e trataremos diversos temas transversais que aparecen na mesma. Xa somos cerca de 15 membros. Anímovos a participar. É interesante e beneficioso para todos ler e compartir ditas experiencias co resto. Non vos imaxinades as diferentes versións e conclusións que se extraen lendo un mesmo libro. Grazas a todos/as pola vosa atención. Un saúdo. Organiza: Club de lectura e Coordinación da Biblioteca do IES Urbano Lugrís (A Coruña).